Traballando na calidade da lingua

Curso-veran-traballando-calidade-lingua_2018_redesEste ano 2018 non haberá curso de verán de dinamización lingüística mais, no seu lugar e de maneira transitoria, polas mesmas datas (18 e 19 de xullo) terá lugar un curso sobre calidade da lingua.

Este curso de verán centrarase na calidade no uso da lingua, en como potenciarmos unha lingua de calidade e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos, cal o ensino, a tradución, as novas tecnoloxías etc. As sesións constan de palestras, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan cuestións fonéticas, gramaticais, fraseolóxicas, textuais etc., de forma a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua galega. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar na importancia dun galego de calidade nos medios audiovisuais en xeral e tamén no ámbito do humor en particular.

 Obxectivos

>Analizar o que distingue unha lingua de calidade doutras variedades e usos lingüísticos.

>Dar a coñecer e avaliar experiencias que camiñan no fomento da calidade da lingua desde diversos ámbitos e en como a calidade lingüística pode coadxuvar no proceso de normalización do idioma.

>Propor medidas para melloraren a utilización o da lingua galega, cando menos no ámbito público.

Consulta aquí o programa e inscríbete!

 

ORGANIZA:
-Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística (www.udc.gal/snl)

COLABORAN:
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (www.ctnl.gal)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal)
-Concello de Carballo (www.carballo.gal)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s