#traballandoenlingua no ámbito socioeconómico

O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2016 á súa duodécima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos once anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.

E nesta XII edición reunirémonos os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo para traballar arredor de algo moi importante para o presente e futuro da lingua: o uso e o prestixio do galego no ámbito socioeconómico. Así, o programa inclúe sesións para analizar a situación da lingua galega no ámbito da empresa e o comercio, os motivos desa situación e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para mellorala. Tamén se darán a coñecer e avaliaranse experiencias positivas sobre o uso da lingua galega, ou que procuran o uso do galego, no empresa, comercio, produtos ou publicidade. E, finalmente, proporanse medidas de intervención que procuren mellorar o uso e o prestixio da lingua galega neses ámbitos.

En definitiva, un curso que busca mellorar o uso e o prestixio da lingua na empresa, nos comercios, nos produtos, na publicidade, nos negocios, etc.

Consulta aquí o programa e inscríbete!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s